Archive for 28 mayo 2012

14.3 OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS EXTERIORES.

mayo 28, 2012

Entradiña: España foi, un país de emigrantes, aínda que hoxe converteuse nun centro importante de inmigrantes.

14.3.1 Destinos da emigración española.

Houbo dous destinos principais:

-A máis sobresainte foi a que se dirixiu a América. Tivo o seu punto álxido durante os séculos XVI e XVII. No século XIX e principios do XX volveu aumentar.

Tras a Guerra Civil, a emigración española a América medrou de novo, aínda que sen adquirir a importancia do pasado. Os destinos máis importantes foron os países iberoamericanos.

– Outro destino importante de emigración foi europa. Os traballadores españois emigraron a países como Alemaña, francia ou Suíza, atraidos polos seus altos niveis de desenvolvemento.

Procedían sobre todo de Andalucía e Galicia, entre os emigrantes predominaban os homes novos, en especial do medio rural.

 

14.3.2 Cara a un país de inmigración.

Actualmente españa é un centro de inmigración, hoxe os inmigrantes son un 10% da poboación.

As súas taxas de natalidade e fecundidade son superiores á dos nacidos en España. sen a súa chegada, o país estaría moito máis avellentado.

podemos distinguir dous procesos:

– Na primeira fase, nos anos oitenta os estranxeiros residente procedían de países de occidente, centro e norte de Europa. A maior parte de eles eran xubilados.

– nunha segunda fase, desde 1900, chegaron aos países numerosos cidadáns de Europa doleste, así como de latinoamerica, norteafrica e asiáticos

 

Anuncios

14.2 ESTRUTURA E DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN EN ESPAÑA.

mayo 28, 2012

14.2.1 Unha repartición moi desigual.

A poboación española presenta unha distribución irregular. A súa densidade é inferior á media da UE.

– A rexión central ten unha densidade de poboación que non supera os 25 hab./km2. as excepcións son Madrid e as depresións e vals do Ebro e Guadalquivir.

As densidadesmínimas prodúcense en áreas montañosas.

– Á periferia, hai numerosos municipios onde se superan os 500 hab./km2. Densidades moi altas nas provincias litorais.

 

14.2.2 A estrutura da poboación por sexo.

A poboación española presenta un maior número de mulleres que de homes.

Nas idades máis avenzadas, maior número de mulleres indica a súa maior esperanza de vida.

 

14.2.3 A estrutura da poboación por idade.

A poboación ten unha tendencia ao avellantamento.

Co avellantamento da poboación aumentan os gastos sociais que ten que asumir o Estado.

14.1 A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA

mayo 28, 2012

Entradiña: A evolución recente da poboación española responde ao modelo de transición demográfica, supón o paso dun réxime demográfico antigo, cynhas taxas de natalidade e mortalidade elevadas, a un moderno, con taxas de natalidade e mortalidade baixas.

14.1.1 As taxas de natalidade, nupcialidade e fecundidade.

A mediados do século XIX, a natalidade empezou a descender, produciuse un declive como consecuencia da emigración de españois ao extranxeiro, persoas novas en idade de ter fillos.

A Guerra Civil agravaou máis este descenso.

Desde mediados dos anos cincuenta, o desenvolvemento económico e o aumento da taxa de nupcialidade permitiron a recuperación da natalidade, que alcanzou o máximo entre 1956 e 1964.

A partir deses anos volveu descender ata uns dos niveis máis baixos do mundo. débese ao descenso da taxa de fecundidade, causado en parte pola incorporación da muller ao mercado laboral.

 

14.1.2 A taxa de mortalidade.

A mortalidade comezou a descender dende comezos do século XX. 

Retroceso de mortalidade: aumento do nivel de renda da poboación + procesos médicos que elevaron moito a esperanza de vida.