14.7 AS CIDADES DE GALICIA

As primeiras cidadesapareceron coa romanización, o proceso de urbanización de Galicia é un fenómeno do século XX.

14.7.1 Os primeiros núcleos urbanos

A presenza romana notouse na aparición de vías ao longo de pequenos núcleos urbanos. A caida do Imperio orixinou un proceso de ruralización.

Ata o século XII, á parte das sés episcopais non houbo outras ppoboacións urbanas destacables.

Desenvovleronse algunhas vilas e pequenas cidades, unhas apareceron na ruta xacobea para dar albergue e outras, na cosa, onde sobresaían algúns portos.

Pontevedra a comezos do século XVI era o máis importante núcleo urbano galego.

Cos Reis Católicos, Galicia quedou dividida en seis provincias, esta división mantívose ata 1883, cando se pasou ás catro actuais.

 

14.7.2 AS transformacións do século XIX

No século XIX as cidades galegas sufriron pequenos pero importantes cambios, tanto na súa estructura como nas súas funcións: a capital de provincia supuxo un aumento do seu dinamismo.

 

14.7.3 A expansión do século XX

Durante este século as cidades experimentaron cambios:

– No primeiro terzo do século XX consolidaron a súa posición e creceron as cidades e vilas costeiras, pero a Guerra Civil freou o proceso.

– Dos anos 1960  a 1980, houbo un gran éxodo rural cara ás cidades e vilas cabeceiras de comarca, comezou unha industralización sen freo, foi a etapa de creación dos barrios novos. Creceron sobre todo A Coruña, Vigo e Ferrol.

– A comezos dos anos 80 deuse un proceso de urbanización difusa.

As vilas cabeceiras de comarca tiveron tamén un considerable  crecemento.

 

14.7.4 As peculiaridades do poboamento galego

– A maior parte dos núcleos de poboación son aldeas. A dispersión das aldeas é maior na costa que no interior, onde son de maior tamaño.

– As vilas son núcleos urbanos de tamaño medio que ofrecen servizos e comercio polo miúdo aos municipios e parroquias do seu arredor. O crecemento das vilas está en función da influencia exercida sobre elas polas cidades.

– en Galicia hay sete cidades. Nos últimos anos estenderon moito o se espazo e poboación. Hoxe prodúcese un intenso crecxemento na periferia do núcleo urbano. esta organización difusa alcanza os municipios veciños e incluso extensas áreas. Na periferia tamén se instalasn novos polígonos industriais e importantes servizos públicos.

 

14.7.5 O sistema urbano galego

A estrutura urbana de Galicia caracterízase por unha xerarquización:

– No primeiro nivel, A Coruña e Vigo, exercen o papel de cidades reitoras de áreas metropolitabas.

– Un segundo nivel está formado por cidades intermedias, que inflúes sobre unha área urbana.

– O terceiro nivel está constituido por máis de corenta vilas , cabeceiras comarcais, en proceso de industrialización e terciarización.

Hoxe, dous terzos da poboación galega habita en núcleos urbanos e un terzo nas sete cidades.

 

14.7.6 Un novo modelo urbano

Da cidade compacta pásese a extensos espazos urbanos, isto sucede nas áreas metropolitanas, ou nas áreas urbanas. Aquí concentrase a metade da poboación total de Galicia.

 

14.7.7 A Eurorrexión Atlántica

Na costa atlántica hay unha ampla zona con un alto grao de urbanización. 

Coa integración de España e Portugal na UE en 1986 xurdiron novas posibilidades de cooperación e desenvolvemento, ao desaparecer as fronterias, Galicia e o norte de Portugal estableceron en 1992 o pacto do Eixe Atlántico. Nacía a Eurorrexión Atlántica.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: